Benvidos a DDC – Detrás do Colexio.
DDC é unha web creada en Vigo, Galiza, o 19 de Febreiro de 2004 por Carlos Nodar (karlinhos).
Este site nace coa intención de ser o punto de reunión entre a nosa pandilla. Pronto convertiríase nun referente entre nós onde podíamos repasar partes importantes da nosa historia a través de videos e fotos.
A web foi medrando en visitas, e tamén en contidos. A política, a tecnoloxía ou o deporte axiña se incorporaron ao universo DDC.
Mención aparte merece a sección DetrasDoCelta, hoxe desaparecida, onde analizabamos a actualidade do noso equipo, o RC Celta. Tal foi o éxito desta sección que derivou nunha web que hoxe é unha das máis importantes do Celtismo en internet: TODOCELTA.com.
As descargas e o “movemento Youtube” foron ás ultimas incorporacións.
Agora, tres anos despois, estamos intentando dar un novo pulo a esta, a nosa web, mellorando a nosa imaxe, e os nosos servizos e contidos.
Sen dúbida, o éxito de DDC radica no agarimo coa que foi acollida entre os meus. Esta web non tería sentido sen vós, e nunca se poderá expresar o agradecemento que sentimos cara todos aqueles que estades a facer que este proxecto siga vivo.
Se ti queres participar en DDC, telo moi doado.
Con só enviar un mail a todocelta@yahoo.es indicando “DDC” no asunto, poderás formar parte desta xa gran familia.
Un saúdo.
Karlinhos
KikinhoGZ
IaguinhoGZ
Pelukas


weno rapaces q os vou decir sodes os amos do mundo de internet, moitos parabens e animos, e a darlle duro
Moitas grazas MArco!!!!