Terceiro Aniversario: O Novo DDC

16 02 2007

O NOVO DDC

DDC está de celebración. Cumprimos xa tres aniños dando guerra na rede e queriamos celebralo cunha completa remodelación da nosa web.

Abandonamos o noso antigo servizo de publicacións e nos mudamos a wordpress, moito máis rápido, fiable e profesional.

Queremos seguir medrando neste terceiro ano, e adquirimos con vós o compromiso de actualizar a nosa web con moita máis asiduidade.

Entre as novidades do Novo DDC, podemos salientar o novo sistema de DDC-TV que podedes ver na barra lateral dereita, onde iremos publicando os videos máis interesantes, tanto nosos como de internet, sen entorpecer a fluidez da web.

Xa mudamos os álbums de fotos existentes a este novo sistema, e pronto vos sorprenderemos con máis imaxes inéditas.

Tamén, habilitamos un enlace directo ao Foro de DDC, vinculado directamente a TodoCelta, onde poderemos botarnos unhas risas entre todos, ademáis de participar en interesantes iniciativas e concursos.

Asi pois, darvos a benvida ao Novo DDC neste terceiro aniversario, e agradecervos o voso apoio e agarimo.

Sabedes que vós sodes a parte imprescindíbel desta web, e que calquera pode participar activamente nela. So vos tedes que pór en contacto con nós e vos axudaremos a participar. Animádevos.

Moitas Grazas a todos!
Saúdos!

KNH



Acciones

Información

2 respuestas

16 02 2007
manu

parabens!!

16 02 2007
asereje

viejos!

Deja un comentario